Quen somos

As ANPAs das comarcas de Bergantiños, Soneira, Xallas, Fisterra, Muros, Betanzos e localidades da comarca da Coruña demos o paso para constituírnos en federación provincial de ANPAs de centros públicos da Coruña – Costa da Morte. Dese xeito quixemos fortalecer este movemento asociativo, co obxectivo de que a educación que deba recibir o alumnado non perda calidade e para que o conxunto da cidadanía, que está a sufrir a crise, non se vexa privada dos seus dereitos.

Xa pasou certo tempo, naquela reunión celebrada o 12 decembro de 2012, onde asinamos uns estatutos consensuados dos que nos dotamos e constituímos a comisión xestora. Tempo despois, entregamos formalmente toda a documentación na administración para inscribirnos como federación. O 22 de febreiro rematamos o proceso de constitución da federación de ANPAs.

Representación

A Xunta Directiva, como órgano de goberno,  reunirase cada mes do curso escolar. A convocatoria da mesma contemplará tamén ao conxunto das ANPAs adheridas á federación. Estará validamente constituída cando asista a metade máis un dos seus membros en primeira convocatoria e no prazo de media hora, calquera que sexa o número de asistentes.

As persoas que compoñen actualmente a Xunta Directiva son as seguintes:

  •        Xosé Antón de la Fuente Subiela (presidente da federación).
  •        Montserrat Canosa Vigo (vicepresidenta, R.L – Camiño Sen Límites).
  •        José Bustelo Tarrío (tesoureiro, representante na Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público).
  •        Fernando Gesto Montes (secretario, área de seguros).
  •        Susana Torres Lista (vicesecretaría, coordinación de áreas de administración).
  •        Mónica Sande Piñeiro (vocal zona Muros – Costa da Morte).
  •        Mariola  Cerdeiro Castro (vocal ámbito CRA).
  •        María Del Carmen Cacheiro Lado (vocal representante na confederación ANPAS GALEGAS)
  •        Gustavo Zuin Fantini (vocal área audiovisual).

 

ANPA O ACEVO, ANPA MANUEL MURGUÍA,  ANPA A MILAGROSA                        ANPA ORXEIRA URB. LUGRÍS, ANPA RAIANTE    ANPA SAN GREGORIO , ANPA O PINAR,  ANPA FONTE DA CRISTINA,   ANPA A BRAÑA , ANPA UXÍO, ANPA F. DA VELLA     ANPA,  O VENTORRILLO,  ANPA PEDRAS BRANCAS, ANPA SAN MARTIÑO, ANPA SAN VICENZO, ANPA RABECHO, ANPA LARÍN,                           ANPA MAXIMINO ROMERO, ANPA AMENEIRO, CELINDA NAIS E PAIS F.BLANCO, ANPA A GRANXA, ANPA CELSO EMILIO FERREIRO, ANPA IES U. LUGRÍS, ANPA RICARDO TOBIO, ANPA CHORÍS, ANPA E AMIGOS C P DE BAIO, ANPA CAMPO DA AREA, ANPA AS FORCADAS, ANPA PORTA SANTA,                    ANPA RAÍCES, ANPA SÉCULO XXI, ANPA ARCO DA VELLA, ANPA A RIVEIRA   ANPA O CRUCE, ANPA ALÉN, ANPA CABO DA AREA,  ANPA GALÁN M. MURGUÍA, ANPA FACHO, ANPA AGUALADA, ANPA RIO CASTRO, ANPA E. PONDAL (CEIP),  ANPA BARCOMA,  ANPA CARBALLEIRA, ANPA ATALAIA , ANPA FIN DO CAMIÑO, ANPA TERRA DE XALLAS, ANPA CARREGAL, ANPA BRIGANTIUM, ANPA 15 DE MAIO, ANPA E. PONDAL (IES), ANPA TEIXEIRO           ANPA XEREMOLOS,…

Para saber máis podes contactar con nós a través de correo@fedanpas.gal ou no teléfono 600699293

Na defensa do Ensino Público loitamos polo futuro das fillas e fillos do noso País!