Atención á Diversidade
Decreto de atención á diversidade. Decreto 229/2011 do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galiza nos que se imparten as ensinanzas establecidas na LOE. (DOG 21/12/2011)
DECRETO 120/98, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG Núm. 79, xoves 27 de abril de 1998).
DECRETO 320/1996, de 26 de xullo, de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais (DOG Núm. 153, martes 6 de agosto de 1996).
Escolarización do alumnado con necesidades educativas especiais. Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais.(DOG 30 de xaneiro de 2002).
Avaliación do alumnado con necesidades educativas especiais. Orde do 31 de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que cursan as ensinanzas de réxime xeral, e se establece o procedemento e os criterios para a realización do dictame de escolarización. (DOG 19/12/1996).
Real Decreto de condicións do sistema educativo para o alumnado sobredotado intelectualmente.Real Decreto 943/2003 polo que se regulan as condicións para flexibilizar a duración dos diversos niveis e etapas do sistema educativo para os alumnos sobredotados intelectualmente.
Flexibilización da escolarización do alumnado sobredotado intelectualmente. Orde do 28 de outubro de 1996 pola que se regulan as condicións e o procedemento para flexibilizar a duración do período de escolarización obrigatoria dos alumnos con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de sobredotación intelectual. (DOG 28/11/1996).
Normas específicas de adaptación currículum
Adaptacións curriculares. Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículum nas ensinanzas de réxime xeral. (DOG 07/11/1995)
PDF
Alumnado procedente do estranxeiro. Orde do 20 de febreiro de 2004 pola que se establecen as medidas de atención específica ó alumnado procedente do estranxeiro. (DOG número 40 do 26/02/2004).
CIRCULAR 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan algunhas medidas de atención á diversidade para alumnado de ESO.
Normativa sobre accesibilidade e protocolos de actuación
Accesibilidade. LEI 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade.
Protocolos da consellaría de Educación:
– Que son os Protocolos?
- Protocolo é un documento ou regulamento que establece como se debe actuar en determinados procedementos.
- Un Protocolo serve para guiarnos e axudarnos nos pasos a seguir cando un alumno/a presenta algunha dificultade no ámbito escolar; debe responder á pregunta: que facer no caso de ….?
- Un Protocolo recolle comportamentos, accións e pautas que se consideran apropiadas en determinadas situacións.
- Os Protocolos son un recurso dispoñible para todos os centros e familias para funcionar como guía de apoio ao alumnado.
- Os Protocolos SON DE OBRIGADO CUMPRIMENTO.
– A quen van dirixidos?
A todas as partes implicadas que traballan xuntos para o benestar do alumno/a: “casa”, centro educativo e profesionais (psicólogos/as, terapeutas, logopedas, ….)
– Cal é o obxectivo dos Protocolos
Os Protocolos son recursos que apoian e guían aos centros educativos, profesionais e familiares para que as persoas (alumnas/os) poidan desenvolver plenamente o seu potencial.
Ás veces, as axudas que se poden ofertar poden parecer inxustas pero, quitámoslle as lentes a unha persoa miope?
Quitamos a cadeira de rodas a unha persoa tetrapléxica?
Eliminamos o audífono dunha persoa xorda?
Todas as persoas teñen puntos fortes e febles, pero todas teñen capacidades.
– Os Protocolos existentes son:
PROTOCOLO SINDROME DE DOWN E DISCAPACIDADE INTELECTUAL
Descarga
PROTOCOLO ABSENTISMO ESCOLAR
Descarga
PROTOCOLO ATENCIÓN EDUCATIVA DOMICILIARIA. NOVEMBRO 2015
Descarga
PROTOCOLO ATENCIÓN TEMPERÁ
Descarga
PROTOCOLO IDENTIDADE DE XÉNERO
Descarga
PROTOCOLO INTERVENCION DO RISCO SUICIDA
Descarga
PROTOCOLO PREVENCION, DETECCION E TRATAMENTO DO ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO
Descarga
PROTOCOLO SOBRE TDAH EDUCATIVO E SANITARIO
Descarga
PROTOCOLO URXENCIAS SANITARIAS E ENFERMIDADE CRONICA
Descarga
PROTOCOLO URXENCIAS SANITARIAS E ENFERMIDADE CRONICA-ADDENDA DIABETE
Descarga
PROTOCOLO XUNTA TEA
Descarga
PROTOCOLOS PROTECCION DE DATOS
Descarga
PROTOCOLO PARA A ATENCION EDUCATIVA AO ALUMNADO CON ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS
Descarga
PROTOCOLO PARA A ATENCION EDUCATIVA AO ALUMNADO CON DISCAPACIDADE AUDITIVA
Descarga
Comentarios recentes