Inscricion e autorización de adultos e menores.

Para inscribirte nas etapas  do inclusivo Camiño Sen Límites 2019  lembra que pecha a inscrición 3 días antes de cada roteiro.

  • Por favor, para informarnos da túa inscrición, cubre e envía o formulario de inscrición para a etapa O do Camiño Sen Límites 2019 .
  • Para entregar asinado no teu primeiro roteiro ao que asistas no 2019 (e se non o fixeches anteriormente), cubre a
  • Autorización  Adultos no Camiño SenLímites 2019 (atendendo á normativa da LOPD, se non o fixeches anteriormente nalgunha das etapas 2019): AUTORIZACION ADULTOS ACTIVIDADES
  • Autorización Menores no Camiño SenLímites 2019 (atendendo á normativa da LOPD , se non o fixeches anteriormente nalgunha das etapas 2019): AUTORIZACION ACTIVIDADES PARA MENORES

 

Normas básicas:

– Se queremos levar cans aos roteiros temos que levar correa (por se, circunstancialmente, fixese falta usala).
– Debemos que ser puntuais (que referencia usamos? A hora de quedada), se queremos ter garantido o transporte.
– Salvo que se avise doutro proceder, @s conductor@s deben deixar @s acompañantes no lugar das inscricións (e punto de partida do roteiro), dirixirse inmediatamente ao aparcamento establecido na final do mesmo (sen necesidade de agardar que llo indiquen). As ligazóns ás ubicacións están publicadas en cada roteiro das etapas. Da inscrición e aportación para o seguro debe encargarse quen quede no lugar do comezo – inscricións.
– Durante o roteiro, quen temos un ritmo más baixo iremos diante, marcando o ritmo da marcha.
– Durante o roteiro debemos atender ás indicacións do voluntariado (identificado con chalecos amarelos de alta visibilidade).