Category: Igualdade

As actividades de Igualdade teñen como obxectivo concienciar sobre os estereotipos de xénero (como evitar transmitilos xa que dan lugar a situación de desigualdade e discriminación) e contra todos os tipos de violencia que se exercen contras as mulleres polo mero feito de selo e denunciar o avance do discurso negacionista do terrorismo machista.

Hai formas de violencia recoñecidas como tales pero é preciso sensibilizar á sociedade ante outras violencias múltiples e diversas, moitas invisibilizadas e normalizadas, pero igualmente letais.

Cada vez que se xulga o modo de vestir, cada vez que as mulleres aparecen representadas como obxectos hipersexualizados nunha campaña publicitaria, cada vez que se lle paga menos polo mesmo traballo, cada vez que un xornal di que as mulleres morren e non que as asasinan, ou que violan e a Xustiza di que non é violación, cada vez que son cuestionadas, cada vez que se segrega por sexos, … todas son formas de violencia.

E non podemos permanecer impasíbeis!!!

0

ROTEIRO DA CARBALLEIRA

Volve o Camiño sen Límites!! Despois deste longo parón da pandemia, por fin estamos a retomar estas iniciativas que consideramos tan positivas e necesarias para todas nós. Para as novas persoas que queirades anotarvos...

0

25N Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

25NO Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres ten como obxectivo concienciar contra todos os tipos de violencia que se exercen contras as mulleres polo mero feito de selo e denunciar o...

0

Obradoiro: entre nós con bo trato

Debate e concurso familiar para sensibilizar sobre a importancia de respectar a propia sexualidade e a de outras persoas, relacionándonos dende o bo trato. Está realizándose no IES Francisco Aguiar de Betanzos, no CEIP...

0

Rosa e Azul en Cabana de Bergantiños

Representación do espectáculo “Rosa e Azul”. Actividade de promoción da Igualdade de Xénero entre as crianzas. Lugar: CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños Data: 15 de outubro de 2020. Colaboración: Secretaría de Igualdade...

0

Rosa e Azul en Corme

Representación do espectáculo “Rosa e Azul”. Actividade de promoción da Igualdade de Xénero entre as crianzas. Lugar: CEIP As Forcadas. Data: 29 de setembro de 2020. Colaboración: Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia....

0

Zoquiñas Vermellas a prol da Igualdade e en contra da violencia machista

Este martes 16 de xuño, a concelleira de Cultura, Olería, Igualdade e Patrimonio do concello de Malpica, Leticia Naya Varela, e o presidente da Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte,...

1

Presentación do Camiño Sen Límites no local. 13 de marzo ás 20:00 h.

Presentación do Camiño Sen Límites no local. Camiño Sen Límites. Camiño na Diversidade. Camiños Con Ciencia. Camiños da Igualdade.

0

O Camiño Sen Límites 2020 na USC (Campus de Lugo)

O 3 de marzo, na USC (facultade de Formación do Profesorado – Campus Lugo) falamos con alumnado de dous mestrados, sobre o Camiño Sen Límites: Camiños da Igualdade, Camiños Con Ciencia; Camiño da Atencíon...