Category: Camiño Sen Límites

Que é o inclusivo Camiño Sen Límites?

Son roteiros que percorren parte do máxico camiño que une, pola beira do mar, a Costa da Morte e que fan de fíos condutores ou de soporte para a realización de diversas actividades en equipo.
Está organizada pola Federación Provincial de ANPAS da Coruña -Costa da Morte, en colaboración coa Asociación Deportiva e Cultural Rompendo Límites e a Confederación ANPAS GALEGAS ao que se suman máis entidades, concellos,… posto que este é un proxecto colectivo aberto. E que agardamos siga a medrar!

Está baseado na aprendizaxe cooperativa, por proxectos, inclusión educativa e en todos os ámbitos da vida, e a cooperación entre a comunidade educativa, dese xeito contaremos con diversas Científicas e Científicos Sen Límites que nos amosan novos coñecementos.

No Camiño Sen Límites participan grupos de persoas diversos, heteroxéneo.
A inscrición é de xeito individual ou colectivo a través de entidades deportivas, colectivos de atención á diversidade,, ANPAs, asociacións diversas,…

Como é concibido o Camiño Sen Límites?

É concibido como unha estratexia inclusiva a longo prazo. A través do Camiño Sen Límites colaboramos na visibilización da necesidade de abordar e responder á diversidade de persoas e sensibilizar na necesidade de reducir a exclusión dentro e fóra do sistema educativo.
Ou sexa, o obxectivo transversal do inclusivo Camiño Sen Límites, onde participan tanto persoas con ou sen discapacidades, é permitir que todas e todos nos sintamos cómodos na diversidade na que vivimos, percibíndoa non como un problema, senón tamén como unha oportunidade para enriquecer tamén as formas de ensinar, aprender e convivir.

O Camiño Sen Límites transformouse nunha alianza natural con diversas asociacións da contorna. Asociacións que promoven que a diversidade das persoas superen os obstáculos e dificultades na súa contorna para poder participar plenamente na vida da súa comunidade.

Son necesarias tantas alianzas?

Si. É necesario visibilizar que vivimos nunha realidade complexa que require apoios para que, entre todas e todos, de xeito cooperativo rompamos barreiras co obxectivo de conseguir unha sociedade máis equitativa e xusta; que permita vivir dun xeito máis independente e cómodo posible máis aló das limitacións e dificultades que teñamos.

En resumo, iso é o Camiño Sen Límites.

Viki Rivadulla resume en poucas palabras que é o Camiño Sen Límites:
“Ademais de amosar a fermosura do noso patrimonio sirve para socializar, para rachar barreiras e para dicir que, xuntos, non hai límites”

0

Comeza o Camiño Sen Límites 2019

XA PODES INSCRIBIRTE NA ETAPA 0 DO CAMIÑO SEN LÍMITES QUE NON SABES CANDO E ONDE SON AS ETAPAS DO CAMIÑO SEN LÍMITES 2019? CLICA AQUÍ https://www.fedanpas.gal/etapas/ QUERES TER MÁIS DATOS DO CAMIÑO OU...

0

CAMIÑO SENLÍMITES 2018. Camiñando pola inclusión educativa e en todos os ámbitos da vida

O Camiño SenLímites son uns roteiros inclusivos pola Costa da Morte, relativamente sinxelos de percorrer e máis complexos de organizar. Pero este vindeiro ano contamos cunha novidade ben interesante, baseado na aprendizaxe cooperativa, por...

0

Xa está aberto o prazo de Inscrición no camiño Costa da Morte SenLímites

                      Inscrición adultos—– —>  http://www.fedanpas.gal/inscricion/ Inscrición menores—– ->  http://www.fedanpas.gal/inscricion-menores/ Inscrición voluntariado–>  http://www.fedanpas.gal/voluntariado/ Contacto coordinador —> http://www.fedanpas.gal/contacto-cf/