Onde queda a educación non universitaria no caso de medidas máis restrictivas na actual crise sanitaria??
Iso nos preguntamos a Federación de Anpas da Coruña-Costa da Morte e ANPAS GALEGAS!
Xurde esta dúbida logo de que, case un ano despois e estando aínda afectadas por esta pandemia, vemos que non se avanzou moito para reforzar, mellorar e preparar a educación pública galega para estes novos tempos que toca vivir.
Pasan os meses e as carencias son as que había, se non son máis… . A escola pública sen recursos, os recursos que pagamos todas, escasean na pública.
As familias que por razóns de confinamento, sexa por corentena domiciliaria, sexa por situación de risco, están sen unha atención para este alumnado.
Que dicir máis sobre o alumnado NEAE, gran esquecido no curso pasado, e que neste curso segue igual, sendo o máis prexudicado porque onde máis recursos se precisan, é onde non se poñen.
As adaptacións curriculares, atención emocional ao alumnado, aula virtual,….todo se foi cubrindo con normativa improvisada sobre o papel pero a realidade é a que é, e pode verse no día a día dos centros educativos que non están preparados para afrontar clases en liña.
Moito se falou este ano da fenda dixital, pero nada se avanzou.
O resumo do estado da educación neste ano é que se estancou, non soubo evolucionar e adaptarse a esta pandemia. Foise salvando como se puido os atrancos do camiño, pero non se tomou conciencia que as crianzas van camiño de dous cursos perdidos e vividos na improvisación e precariedade de medios.
Na ligazón o comunicado de ANPAS GALEGAS ao respecto: https://www.anpasgalegas.gal/2021/01/que-pasa-agora-cos-centros-educativos/
Comentarios recentes