Reflexións sobre do reparto de mascarillas gratuito da consellaría

Por fin a Consellaría ven de publicar o DOG que regula o reparto de máscaras gratuitas para o alumnado. Máis vale tarde ca nunca!!
Aínda así as familias quédannos dúbidas de cantas se repartirán por estudante, por que non se inclúe a infantil cando están sendo obrigatorias nalgúns centros, se terán unha marcaxe especial visible que faga que o alumnado tamén poida acarrear esa marcaxe,… A máis diso non deixamos de preguntarnos: por que se fai outra vez máis de xeito sesgado, que fiabilidade pode ser o dato dunha renda previa á crise Covid-19, por que hai que facer a solicitude presencial cando eliminamos a entrada das familias nos centros, é necesario sinalar nun taboleiro as diferenzas económicas das familias.
Todas estas dúbidas non xurdirían se o traballo e os medios económicos da Consellaría foran invertidos ao 100% nun ensino público galego gratuito e igualitario.
Comentarios recentes