25N Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
25N
O Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres ten como obxectivo concienciar contra todos os tipos de violencia que se exercen contras as mulleres polo mero feito de selo e denunciar o avance do discurso negacionista do terrorismo machista.
Denunciar a violencia contras as mulleres é importante sempre,o 25 de novembro e todos os días do ano-, porque está en xogo o benestar, o desenvolvemento persoal e as aspiracións da metade da poboación e porque está en xogo o dereito das mulleres a vivir a súa vida plenamente, en liberdade e como cada unha decida.
Hai formas de violencia recoñecidas como tales pero é preciso sensibilizar á sociedade ante outras violencias múltiples e diversas, moitas invisibilizadas e normalizadas, pero igualmente letais.
Cada vez que se xulga o modo de vestir, cada vez que as mulleres aparecen representadas como obxectos hipersexualizados nunha campaña publicitaria, cada vez que se lle paga menos polo mesmo traballo, cada vez que un xornal di que as mulleres morren e non que as asasinan, ou que violan e a Xustiza di que non é violación, cada vez que son cuestionadas, cada vez que se segrega por sexos, … todas son formas de violencia. E non podemos permanecer impasíbeis.
Neste 25 N serán unhas mobilizacións ben distintas a outros anos, tendo en conta a pandemia do Covid-19, mais pregamos a túa participación do xeito seguro no que estean convocadas.

Comentarios recentes