O comezo de curso máis improvisado que poidas imaxinar

Seis meses de pandemia só deron para que, hoxe día 10 de setembro, comezase o curso escolar en etapa de infantil e primaria sen ningún reforzo nin previsión por parte da Consellería de Educación
Eso é no que se pode resumir o día de hoxe nas escolas públicas galegas.
Hai asuntos básicos que o protocolo publicado pola Xunta o pasado día 22 de xullo e tralas escasas e deficitarias revisións, deixa aínda a día de hoxe sen resolver:
- A adaptación curricular para un curso que se interrompeu e o seguinte que ten que asumir toda a materia non impartida do anterior segue sen estar feita
- A fenda dixital segue a ser unha realidade, tanto por falta de medios como de formación
- A saúde emocional do alumnado, algo tan importante na crianza das nenas e nenos, segue a obviarse por parte da consellería.
- O curso comezou e non é excusa para que os centros educativos non teñan a pulcritude que esixe unha crise sanitaria de tal nivel, o sobrecusto terán que discutilo nas administracións públicas pero non derivalo á carencia de limpeza nos centros educativos
- A distancia de seguridade non é negociable nin é cuestión de cartos, senón da saúde das nenas e nenos deste país
- O alumnado en risco ou conviviente con persoas nesa situación segue sen ter unha solución específica que garanta a súa saúde e a súa educación ó mesmo tempo
- O profesorado non se reforzou, e os desdobres tan necesarios en clases numerosas non se poden levar a cabo
Seguimos a xogar co máis importante para un país, co seu futuro, cas súas nenas e nenos que teñen dereito a unha escola pública galega cun ensino de calidade, igualitario e seguro.
Nestas dúas semanas alumnado, profesorado e familias levemos ese lazo ou banda negro que represente a nosa inquedanza e a nosa esixencia de actuación inmediata á consellería.
Comentarios recentes