PENSE CANDA NÓS, PRESIDENTE

Así comeza a carta aberta que ANPAS GALEGAS remite ó Presidente da Xunta de Galiza a escasas dúas semanas de ter que comezar o curso escolar e sen ningunha medida obxectiva e clara que poida dar tranquilidade ás familias sobre a saúde do alumnado.
Resúmese a carta nunha palabra: MEDO.
MEDO a que as nosas fillas e fillos se poidan contaxiar
MEDO a que o contaxio das crianzas se extenda ó resto dos membros da familia
MEDO a ter uns centros escolares nunha pandemia sen máis dotacións que xel desinfectante e máscaras
MEDO a que os rateos non sexan un punto clave para a consellaría e os contaxios poidan masificarse
MEDO a que os centros escolares non conten con reforzo sanitario
MEDO a que as mestras teñan que exercer a súa profesión, ademáis de limpar e exercer de sanitarios
Dende marzo as familias asumimos moitas das responsabilidades que a estas alturas a consellaría tiña que ter artelladas para que as crianzas asistiran nun entorno seguro ás clases presenciais.
Se no último trimestre do curso pasado, as familias puidemos facelo o mellor que soubemos, cos medios que había, improvisando a cada momento, contando cas mestras profesionais deste país, porque seis meses despois nos atopamos co que o escenario é o mesmo. Porque seis meses despois as familias sentimos ese MEDO pola seguranza das nosas fillas e fillos? Non é normal a preocupación que sentimos ante a falta de resposta das autoridades?
Comentarios recentes