Manifesto de ANPAS GALEGAS para o comezo do curso

Ante a incertidume da situación que vivimos nestas semanas previas ó comezo do curso 2020-2021 cando os gromos de contaxio se van incrementando e a consellaría de educación non tivo máis manifesto que a imposición do protocolo do 22 de xullo, a Confederación de ANPAS GALEGAS ven de publicar un manifesto de mínimos sobre cómo debe ser a escola que acolla ás crianzas galegas a partires do día 10 de setembro.
Este manifesto non pretende máis ca traballar por un ensino público galego de calidade e seguro onde os valores que primen sexan: equidade, igualdade, non discriminación, atención a diversidade, inclusión e, por suposto, formación.
Os piares básicos que se pretenden acadar con este manifesto son:
- Volta presencial ás aulas sempre que sexa segura e responsable
- Plan especial de atención á diversidade no caso de formación non presencial
- Plan de acollida emocional ao alumnado
- Reorganización dos currículos para poder incorporar os contidos mínimos que non se acadaron o curso pasado
- Garantía de dotación de recursos para limpieza e hixiene por parte de profesionais nos centros educativos, así como gratituidade absoluta de material de hixiene e protección para toda a comunidade educativa
- Distancia de seguridade de 1,5m. en todos momentos e sen excepción
- Posibilidade de non asistencia para alumnado en risco sanitario ou convivintes
- Fenda dixital: garantía de detectar e solucionar en todo momento os problemas que acarreou xa no final do curso pasado; incluida a formación para profesorado, alumnado e familias
- Dotación nos centros escolares de persoal de enfermería e educación social
Comentarios recentes