O protocolo Covid-19 da Xunta para os centros educativos é un desastre

As familias rexeitamos o inútil protocolo Covid-19 proposto pola Xunta e esiximos a elaboración dun novo entre todas as partes que formamos a comunidade educativa.
Logo de ler o protocolo de medidas para a adaptación ó covid-19, o único que podemos decir é que está pensado sobre o papel, non sobre a realidade educativa en Galicia, que xa viña con recursos materiais e profesionais excasos de por sí.
Como punto prioritario, e que parece que a consellaría esquenceu, cremos que pouco importan, para quen elabora este tipo de documentos, o aspecto psicolóxico e de desenvolvemento emocional das crianzas.
Partimos dunha situación dende marzo, que de por sí xa é diferente, que sabemos que xa afectou a moitos dos nosos fillos e fillas, ás familias por diversos motivos sanitarios e económicos, ao alumnado NEAE totalmente esquecido nos últimos meses do pasado curso, ás mestras…
E atopamos unha proposta que esixe un comportamento das nosas fillas e fillos como se de persoas adultas se tratase.
Non podemos pasar por riba o custo emocional que require de por sí restar tempos de socialización, limitar as relacións entre todo o alumnado, non aportar medidas específicas e realistas para alumnado NEAE, así como protocolo específico para alumnado con alerxias, asma.
En definitiva, temos nenas e nenos que queremos que se eduquen nunha escola pública galega, e non chegar a convertir a escola nun medio hostil no que no que menos se pensa é nelas e no seu benestar.
Salvando este tan importante punto, e analizando as medidas que propón o documento, preguntámonos con que medios contarán os nosos centros educativos para afrontar tales indicacións.
Porén manifestamos:
1. Non podemos deixar que as crianzas sexan quen teñan a responsabilidade dun adulto, educar non é delegar.
2. Non é viable que as direccións dos centros se vexan sobrecargadas en tarefas como responsables de protocolos sanitarios.
3. Vai en contra da formación e atención ás crianzas, que as propias mestras teñan que executar ó tempo labores de desinfección, limpeza, reforzo en entradas e saídas….
4. A xestión de comedores escolares e actividades extraescolares por parte das ANPAs non ten viabilidade posible, recaendo nas asociacións responsabilidades sanitarias.
A federación de ANPAs da Coruña – Costa da Morte xunto con todas as voces de ANPA e profesorado galego esixen á consellaría un documento elaborado e consensuado por todas as partes, atendendo ás necesidades de todas, e facilitando a Xunta de Galicia os medios para poder levar a cabo tan complicada situación.
O investimento en educación nunca debeu ser un problema, pero agora menos ca nunca!
Comentarios recentes