Esiximos respecto polo Ensino no rural

Como parte fundamental da igualdade de oportunidades, o Ensino ten que ser igualitario para todo o país. Máis aínda cando Galiza ten boa parte da súa poboación no rural non é de entender que ano tras ano a política do goberno sexa reducir recursos e pechar centros.
Garantir o dereito a un Ensino de calidade non pode depender da localización do centro educativo, é un dereito para todas as nenas e nenos. E este dereito é responsabilidade de todos que se cumpra.
As familias, as crianzas, e as mestras, tod@s queremos os recursos necesarios para un Ensino de calidade no rural: docentes, equipos de orientación, reforzo para a atención a diversidade,…
A federación de ANPAs da Coruña – Costa da Morte unímonos á solicitude de ANPAS GALEGAS e esiximos que se respecte o rural galego como parte moi importante que é da nosa terra.
Comentarios recentes