En busca da consellaría de Educación ausente

Solicitamos unha consellaría de Educación eficiente que dea instrucións claras sobre o vindeiro curso e dote de recursos ao Ensino Público Galego.
O 13 de marzo co estado de alarma decretouse tamén a ausencia de decisións da consellería de Educación. Polo que esiximos que a 2 meses de comezalo curso é hora de ter indicacións claras e precisas que canto menos definan os seguintes puntos:
– Requisitos de espazo, de ratios nas aulas, de utilización de instalacións comúns, de entradas e saídas dos centros, de como se vai garantir a seguridade das nosas fillas e fillos en transportes e comedores escolares.
– Protocolos sanitarios en casos de contaxios ou dun novo confinamento.
– Medidas para non desatender a atención a diversidade.
– Adaptacións curriculares para un curso que comeza sen haber acabado o anterior.
A federación provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte, no mesmo senso que a confederación ANPAS GALEGAS, queremos unha resposta inmediata e así llo pedimos á Conselleira de Educación.
Podes acceder máis datos clicando aquí: https://www.anpasgalegas.gal/2020/07/as-familias-galegas-fartamonos-da-consellaria-de-educacion/
Comentarios recentes