Zoquiñas Vermellas a prol da Igualdade e en contra da violencia machista
Este martes 16 de xuño, a concelleira de Cultura, Olería, Igualdade e Patrimonio do concello de Malpica, Leticia Naya Varela, e o presidente da Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte, Xosé Antón de la Fuente Subiela, mantiveron unha reunión no centro comarcal de Buño para falar do proxecto das “Zoquiñas Vermellas” a prol da Igualdade e en contra da violencia machista.
Este proxecto lévao a cabo a concellaría, en colaboración con outros colectivos, como a oleiría de Buño, a asociación Visibles ou a asociación Mirabal.
Esta actividade de Igualdade ten como obxectivo concienciar sobre os estereotipos de xénero, loitar en contra da desigualdade, discriminación e violencia que se exercen contras as mulleres polo mero feito de selo.
Hai formas de violencia recoñecidas como tales, pero desde a concellaría tamén consideran preciso sensibilizar á sociedade ante outras violencias múltiples e diversas, moitas invisibilizadas e normalizadas, pero igualmente letais.
Convidámosvos a entrar nesta interesante ligazón onde a concelleira explica nun curto vídeo o que fai o seu departamento, coas Zoquiñas Vermellas en contra da violencia machista.
A nosa federación de ANPAs, que ten como acción reivindicativa principal o ámbito educativo (e non hai acción educativa posible que non contemple a Igualdade e Diversidade), considera que este proxecto incide no dobre obxectivo de toma de conciencia e de transmisión de coñecementos sobre a necesaria equidade de xénero.
Do mesmo xeito que no curso anterior visibilizamos, coa colaboración de diversos concellos (Zas, Carballo, Cee, Fisterra) e asociacións (Rompendo Límites, Un Paso Máis, Pedras Miudas…), a nosa propia campaña “Somos o Berro das que xa non teñen Voz” (texto de Dulce Canosa de Corcubión e imaxes de Leandro Lamas), pretendemos visibilizar e levar a cabo o proxecto As Zoquiña Vermellas no noso ámbito de actuación.
Colabora

Comentarios recentes