Camiño Sen Límites a prol da Igualdade de Xénero.
Todas e todos necesitamos reflexionar sobre as orixes e consecuencias da discriminación por razón de xénero. Non é posíbel aceptar que as desigualdades e as inxustizas “nunca deixarán de existir”.


As distintas organizacións, administracións, entidades, colectivos,… e nós, como persoas na nosa acción individual diaria, debemos participar na creación dunha sociedade máis xusta e equitativa.
O Camiño Sen Límites a prol da Igualdade de Xénero son unhas das actividades trasversais ou etapas específicas do Camiño Sen Límites que inciden no dobre obxectivo de toma de conciencia e de transmisión de coñecementos sobre a Igualdade e Diversidade. A través del aprendemos e amosamos o desenvolvemento das nosas actividades desde a perspectiva de xénero.
Nel pretendemos visibilizar unha actitude máis igualitaria entre homes e mulleres, a partir da realidade que compartimos entre todas as persoas que organizamos e participamos neste camiño con ciencia que conciencia.
Comentarios recentes