Dende a Diversidade cara á Igualdade

Charla ben interesante e necesaria sobre “Igualdade de Xénero e Diversidade” que tivo lugar en Corcubión. Con Montse Vilar, Eli Ríos, Carla da Silva, José expósito, Buseranas, CFR da Coruña e Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte.
Entre os obxectivos da charla estaba concienciar sobre os estereotipos de xénero (como evitar transmitilos xa que dan lugar a situación de desigualdade e discriminación); informar e concienciar sobre a diversidade, a seguridade e benestar do alumnado e posta en común das actividades de Igualdade de Xénero realizadas no curso pasado (subvencionada polos departamentos de Igualdade da Xunta de Galicia e ministerio da presidencia do Goberno do Estado) enmarcadas no desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
E concerto musical de final de xornada con Adhara e Ritman!
Auditorio da Capela.
Corcubión.
24 de xaneiro 2020.
19:00 h.

Comentarios recentes