Charla sobre o Protocolo do risco Suicida. Iniciación ao protocolo
Nesta ocasión falamos dabondo do protocolo de risco suicida, un dos protocolos de Educación do que, polo que sexa (tabús,…), non se di moito del na nosa sociedade.
Se pouco se comenta / sabemos sobre estes protocolos educativos en xeral, deste algo menos.
E dicimos falamos porque a charla (moi dinámica), planificada con anterioridade para 90 minutos, contabilizando as exposicións d@s facultativ@s especialistas en psiquiatría e as intervencións do público, superou as tres horas.
Que marabillosas psiquiatras nos acompañaron, formaron
e informaron?
Candela Quiroga Fernández.
Antonio Iglesias Pérez.
Ana Novo Ponte.
Lembrade que os Protocolos do ámbito da Educación son recursos, ferramentas que nos guían e axudan nos pasos a seguir cando o alumnado presenta algunha dificultade no ámbito escolar; debe responder á pregunta: que facer no caso de …?
Se te queres
informar dos protocolos clica aquí:
https://www.fedanpas.gal/protocolos-e-convivencia-escolar/
https://www.anpasgalegas.gal/protocolos/
Convidámoste á participación nas vindeiras charlas sobre Protocolos de Educación da Confederación ANPAS GALEGAS (www.anpasgalegas.gal).
Da seguinte, en
Ferrolterra, tes aquí os datos
https://www.facebook.com/1104617742906458/posts/3012981708736709/
Comentarios recentes