Camiño Sen Límites 2020. Primeira etapa:28 de marzo.

Ola! A aventura continúa…
Informámosche que o Camiño Sen Límites xa está de volta para compartir tempos e espazos… Roteiros, Camaradería, Empatía, Ciencia Sen Límites, Diversidade, Música, Festa, Medio ambiente,…
En Rompendo Límites, nos centros educativos, na nosa federación… xa estamos organizando a primeira etapa: Baldaio – Caión.
Sairemos da zona da marisma de Baldaio con remate no colexio de Caión.
Non faltes!
E lembra de inscribirte. Xa sabes que pechamos a inscrición días antes do comezo do roteiro!
ETAPA 1 Camiño Sen Límites 2020
Baldaio – Caión
Data: 28 de marzo de 2020.
Percorrido: 9 kms
15:00 h. Entrega de inscricións na marisma de Baldaio
15:30h. Saída do percorrido,
19:30 h. Remate de roteiro no colexio de Caión.
Verbena no colexio de Caión, mexilloada e refrixerios.
Medios cos que contamos:
Ambulancia do concello da Laracha. Protección Civil do concello de Carballo e A Laracha. Furgoneta de apoio do concello de Carballo. Roteiro adaptado. Autobuses para levar ao comezo do roteiro. Colexio de Caión.
Temos contratados 3 seguros: de Responsabilidade Civil, Accidentes Voluntariado e de Participantes.
Coa colaboración de:
Concello de Carballo
Protección Civil de Carballo e A Laracha
Confederación ANPAS GALEGAS.
IES da Laracha.
Colexio de Caión.
ANPAs do concello.
Grupo Dani Barreiro & friends
Científic@s Sen Límites (alumnado e profesorado de centros educativos)
2 Responses
[…] Camiño Sen Límites 2020 […]
[…] Camiño Sen Límites 2020 https://www.fedanpas.gal/…/camino-sen-limites-a-prol-da-ig…/ https://www.facebook.com/fedanpas/ […]