Camiño dunha nova Lei Educativa II
Coa LOMCE, o retroceso do Ensino Público nestes anos foi inmenso, perdemos convivencia, perdemos participación, retrocedemos en inclusión, introducimos debates xa superados, volvemos atrás.
E todo isto hai que devolvelo; é imprescindíbel recuperar a situación anterior á LOMCE, sen dúbida, pero hai que ter a arela de avanzar máis aló de onde estabamos; eliminar a LOMCE das nosas vidas pode ser un éxito que aínda non está nin garantido nin pelexado, e debemos traballar por aseguralo.
Avanzar logo, xa mesmo, por Esino Público máis xusto, máis galego, máis inclusivo, totalmente laico é unha obriga que non podemos perder de vista nunca.
Comentarios recentes