Camiño dunha nova Lei de Educación?

Se algo se puxo de manifesto estes anos foi a coincidencia entre representantes das ANPA, sindicatos do Ensino, das familias e profesorado en xeral e a actual maioría parlamentar dos partidos democráticos con representación no congreso d@s deputad@s sobre a necesidade de derrogar a antieducativa LOMCE.
Este consenso non debe desembocar nunha modificación lexislativa que se quede curta.
Debe aprobarse unha nova Lei de Educación democrática, realmente de calidade, descentralizada, que atenda ás diversidades e universal.
Interesantes as declaracións de Suso Bermello e Fernando Lacaci, representantes do sindicato maioritario do Ensino (CIG Ensino) e ANPAS GALEGAS (a maior confederación de ANPAs de Galiza), respectivamente.
Recoméndase facer unha lectura deste interesante artículo, en Nós diario.
Comentarios recentes