Aprobados os obxectivos da CAD. Que é a Comisión de Atención á Diversidade?

Están subidos ás páxinas os obxectivos definitivos (emendas engadidas) da comisión CAD que se aprobaron na reunión do venres, 13 de decembro de 2019.
Que é a comisión CAD e que función tan importante ten?
Dentro da Federación de ANPAs da Coruña-Costa da Morte constitúese a Comisión de Atención á Diversidade coa intención de dar cobertura ás familias con crianzas escolarizadas no ensino público que presentan diversas características que lle impiden o desenvolvemento normal do curso académico.
Tras o debate inicial e unanimidade na idea da súa creación, chegouse á conclusión de que esta Comisión de Atención á Diversidade debía estar integrada por colectivos diversos que loitan tamén pola integración e a inclusión, e polo tanto, pola defensa da diversidade das crianzas.
Así pois, participan ANPAs do ensino público pertencentes á Federación Provincial de ANPAs da Coruña-Costa da Morte, colectivos deste territorio que cada día traballan a inclusión, a integración e a diversidade, profesionais do Ensino Público (docentes, orientadoras e orientadores, coidadoras, especialistas en audición e linguaxe e Pedagoxía Terapéutica…), nais e pais que a título particular cren neste proxecto como premisa para o cambio dun modelo educativo que para os tempos que corren xa está obsoleto e apostan pola creación da CAD para acadar realmente un ensino de calidade, integrador, diverso e inclusivo.
Tamén se deron unhas primeiras pinceladas sobre o estudo de dous protocolos que nos toca desenvolver:
Atención temperá.
Intervención do risco suicida.
Un traballo máis completo debería tratarse na seguinte reunión da CAD que xa quedou convocada.
Podemos descargar os protocolos de Educación nesta ligazón:
Comentarios recentes