Actividades de promoción da igualdade
O luns 9 de decembro presentamos en rexistro (edificio administrativo de Monelos) o xustificante de realización das actividades 2019 destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.

Estas actividades teñen unhas importantes axudas económicas da Secretaría Xeral da Igualdade, enmarcada no desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
A boa acollida e a dura realidade social coa que nos encontramos amosa a conveniencia de que estas actividades se sigan a desenvolver en cada curso escolar, tanto nos propios centros escolares como a través da comunidade educativa. Todas e todos somos necesarias!!!
Comentarios recentes