A falta de persoal de distintas especialidades empeora a atención á diversidade

Nova que nos fala dun informe amplo do Consello Escolar de Galiza sobre a cobertura das necesidades específicas de apoio educativo que prestan os centros de ensino galegos ao alumnado en período obrigatorio.
O seu diagnóstico, unha falta de persoal das distintas especialidades que dificulta e empeora a atención á diversidade.
Rechamante que as familias sexan menos reivindicativas coa cobertura das necesidades de apoio.
Obviamente, as familias afectadas, coñecedoras da realidade, teñen unha visión moito máis clara e definida.
Pode ser que a ese informe do CEG lle falte ligar máis a falla de traballo educativo en cooperación nos centros.
Pero, por fin hai un informe que non di “está todo muy, pero muy bien”, sabendo que hai que cambiar moitas cousas no Ensino.
Comentarios recentes