Convocada a reunión da CAD para o venres 15 de novembro 2019
Queda convocada reunión para o venres 15 de novembro, no local das ANPAs en Carballo, ás 20.30 h. para o debate e aprobación dos obxectivos básicos e piares da Comisión de Atención á Diversidade.
A Comisión debe tratar sobre a necesaria e verdadeira inclusión de diverso alumnado que, cos recortes constantes por parte da Xunta, non pode recibir un suficiente apoio nos centros de ensino.
Se queremos loitar por un Ensino Democrático, que conte con suficientes medios e recursos, e onde todo o alumnado sexa atendido, debemos poñer todo o empeño en conseguilo; traballando nun clima de colaboración, afecto e motivación e valorando o sistema escolar das nosas comarcas en referencia a todo o alumnado que precise determinadas atencións. E a administración pública ten que estar á altura.
Tamén se deben analizar as normativas legais que regulan a súa atención e ás súas familias, compartir experiencias e aportar ideas de cara a combater o inmobilismo social ou deixadez por parte da administración, ademais de promover a resolución de problemas na intervención para/con alumnado con diversidade.
A equipa de traballo multidisciplinar debe funcione baixo os parámetros da sensibilidade e o tacto pedagóxico, traballando a prol dunha mellor atención a estas pequenas persoas que máis adiante serán cidadás e cidadáns adultos, autónomos e libres na nosa sociedade
A realidade é que os recortes en atención á diversidade está tendo efectos ben negativos que nos está a preocupar dabondo, e dende a diversidade das vivencias nos centros educativos como no ámbito social, entendemos que existe un obxectivo común entre as partes que formen a CAD: a INCLUSIÓN real no eido socioeducativo, a cal vai máis aló da mera integración en centros de ensino ordinario.
Comentarios recentes