O goberno da Xunta de Galiza pecha máis centros educativos no rural. A política de terra queimada
Mentres a Xunta de Galiza subvenciona con 2719 euros/alumn@ dos impostos de todas e todos a escola concertada /privada, pecha necesarios centros educativos públicos nas zonas rurais.
Isto incide no despoboamento das zonas rurais que implica a inmediata perda doutros servizos comunitarios… Este perverso círculo pechado vai converter a Costa da Morte e outras zonas rurais e da montaña galega nun deserto con algún oasis.
Esa política errada do PP, multiplicada e realimentada, mantense ao longo das diversas lexislaturas.
Que nos quedará?
Despoboamento, descapitalización económica, educativa e cultural. O desmantelamento do País.
Un círculo enfermizo que a administración debería romper e a sociedade concienciarnos que ese camiño leva ao abismo.
Comentarios recentes