Etapa 6 do Camiño Sen Límites: Lires (Cee) 28 de setembro.
(Aquí podes acceder aos formularios de inscrición e autorización da etapa)
Data: 28 de setembro de 2019.

ETAPA 6 – LIRES (CEE)
Fin da edición do Camiño Sen Límites 2019 !!!
Data: 28 de setembro de 2019.
Percorrido circular: 6 kms.
15:00 h. Entrega de inscricións na praza de Lires, xunto coa documentación e chapiñas con temática sobre a igualdade de xénero a participantes
15:30 h. Proxeción dunha película sobre Lires na escola e a visibilización da forza das mulleres nunha época complicada.
16:00 h. Saída do percorrido, no que viaxaremos pola historia e lendas de Lires: A Fonte, Ría de Lires, Ponte vella, Entre Camiños, Canosa….
En Entre Camiños, viviremos a lenda da Santa Compaña, e tamén contaremos co son das gaitas e panderetas da man de Pedras Miúdas.
En Canosa merendaremos.
19:00 h. Remate de roteiro.
Verbena con Dani Barreiro & friends no Recuncho de Lires.
Medios cos que contamos:
Ambulancia do concello de Cee. Protección Civil do concello de Cee. Furgoneta de apoio do concello de Carballo. Roteiro adaptado. 3 seguros: de RC, Accidentes Voluntariado e de Participantes. Proxección sobre Lires e actividades mulleres
Coa colaboración de:
- Departamentos de Igualdade de:
Xunta de Galicia
Ministerio da Presidencia
- Concello de Cee.
- Concello de Carballo.
- Asociación Pedras Miúdas.
- Grupo Dani Barreiro & friends

Comentarios recentes