Rematou o Camiño SenLímites 2018
Rematou en Fisterra o Camiño SenLímites, un camiño no que reivindicamos, visibilizamos, fixemos amizades, compartimos espazos, inquedanzas, actividades e historias que nos enchen a mochila da vida.
Neste útimo roteiro, pola fin da terra, acompañáronnos protección civil, Kuka Sar Oliveira e José Manuel Marcote, tenente alcalde e alcalde de Fisterra, quen entregou os diplomas de participación no Camiño.
O concello de Fisterra colaborou na organización desta última etapa, do mesmo xeito que todos os concellos polos que pasaron as anteriores etapas do Camiño (Carballo, Carnota, Fisterra, Muxía, A Laracha, Vimianzo, Malpica, Laxe, Ponteceso, Cabana, Camariñas, Zas). Igualmente que asociacións diversas, confederación ANPAS GALEGAS, participantes, voluntariado, monitor@s das diversas asociacións, distintos locais, colaborador@s, protección civil, policía local, grupos musicais, centros de ensino, … Un montón de persoas colaboradoras que, ao longo de tantas etapas nos facilitaron a organización necesaria .
Un Camiño sen límites que reivindicou, e así o seguirá a facer na seguinte edición 2019, a necesaria atención á diversidade, tanto no ensino como en todos os ámbitos da vida, e que nos anima a participar nun entusiasta ambiente de camaradería.
O Camiño SenLímites continúa no 2019, que nos quedan etapas por superar ao longo da vida. Na inclusión educativa, e en todos os ámbitos da vida, nin un paso atrás. Nin para coller impulso!
Agardamos poder contar, de novo, con vostedes, pois todas e todos somos necesarios para conquistar xustos obxectivos.
Nota: neste días que están por chegar, achegaremos os diplomas pendentes de entregar a socios colaboradores (concellos, entidades,…), voluntariado, participantes,…
Imaxes do último roteiro na Fin da Terra:
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=538976946572426&id=292356764567780
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=538591479944306&id=292356764567780
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=538531529950301&id=292356764567780
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=538495219953932&id=292356764567780
Comentarios recentes