16 de febreiro, ás 19.00h., presentación pública do Camiño SenLímites
Queremos convidar a todas as entidades, asociacións que traballan na inclusión, de necesidades específicas, NEAE… colectivos de sendeirismo, ANPAs, clubes deportivos e concellos á presentación da III edición do inclusivo Camiño Sen Límites.
Onde será a presentación:
No local da federación provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte, o 16 de febreiro, ás 19.00h.
O Camiño SenLímites 2018 está baseado no traballo cooperativo entre a comunidade educativa e outros colectivos, na inclusión educativa e en todos os ámbitos da vida.
O resultado desemboca o 17 de marzo do 2018 en 12 roteiros que fan de fíos condutores ou de soporte para a realización de diversas actividades en equipo.
O 15 de febrero, día anterior á presentación oficial, estaremos no local da federación galega de ANPAS COMPOSTELA, coa súa directiva e as asociación da comarca que confirmaron a asistencia.
Posteriormemte, o 1 de marzo estaremos na facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo, falando co alumnado de posgrado de Dirección de Actividades Educativas na Natureza
Comentarios recentes