Xa temos programadas todas as etapas do Camiño SenLímites 2018
Pois xa estamos camiñando no 2018 onde, dentro de nada, nos agarda a III edición do Inclusivo Camiño SenLímites (este ano centrado na inclusión educativa e en todos os ámbitos da vida).
A primeira etapa, das 12 coas que conta, arrinca en Caión – A Laracha (17 de marzo) e remata en Baldaio -Carballo.
A última etapa do 2018 comeza e remata na Fin da Terra (27 de outubro).
17 de marzo, primeira etapa, Caión – Baldaio.
07 de abril, segunda etapa
21 de abril, terceira etapa
05 de maio, cuarta etapa
19 de maio, quinta etapa
02 de xuño, sexta etapa
16 de xuño, sétima etapa
30 de xuño, octava etapa
Descanso das vacacións escolares.
15 de setembro, novena etapa
29 de setembro, décima etapa
13 de outubro, undécima etapa.
27 de outubro, duodécima etapa, Fisterra
Estamos contactando con todos os concellos por onde pasan os roteiros do Camiño SenLímites 2018, mentres Rompendo Límites está rematando de trackear os roteiros da primeira parte (até o 30 de xuño). Tamén temos solicitados os permisos na consellaria de Medioambiente (Xunta de Galiza).
O 16 de febreiro de 2018, ao redor das 19:00 h. faremos a presentación pública dos roteiros do Camiño SenLímites. Previamente manteremos reunión cos colectivos, ANPAs, voluntariado…que queiran participar.
Onde? No local da Federación Provincial de ANPAs da Coruña Costa da Morte, en Carballo.
https://goo.gl/maps/gTw7iWEUyRF2
Agardamos contar con vós na presentación!
Comentarios recentes