E desexámosvos un feliz 2018
Agardando que o ano 2018 veña como sinala a confederación ANPAS GALEGAS, xa vos dicimos que contactamos con todos os concellos por onde pasan os roteiros do Camiño SenLímites 2018.
Van quedando menos cousas pendentes pois estamos camiñando bastante ben organizad@s cara o 2018, onde nos agarda a III edición do Inclusivo Camiño SenLímites.
A primeira etapa, das 12 SenLímites coas que conta, arrinca en Caión – A Laracha (17 de marzo) remata en Baldaio -Carballo.
A etapa última do 2018 comeza e remata na Fin da Terra.
O 16 de febreiro de 2018 temos programada a presentación pública dos roteiros desta nova edición do Camiño SenLímites.
Previamente deberemos reunirnos todas as asociacións e colectivos implicados participantes.
Onde será? No local da federación provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte, en Carballo, ao redor das 19:00 h.
https://goo.gl/maps/gTw7iWEUyRF2
Agardamos contar con vós!
Bo comezo de ano. A por outro ano máis de loita a prol dunha Inclusión SenLímites no Ensino e en todos os ámbitos da vida.
Comentarios recentes