Resumo I etapa do inclusivo camiño Costa da Morte SenLímites (Malpica – Santo Hadrián)
Arrincamos do porto de Malpica cunha magnífica climatoloxía que nos acompañou toda a xornada, permitíndonos gozar dunhas vistas marabillosas.
Volvendo de Santo Hadrián, fixemos fotos, tomamos un descanso e atendemos á charla de Xurxo Alfeirán.
Pola noite, despois de falar da seguinte etapa SenLímites do 25 de marzo, concerto coa TraskiBand….E a durmir…
CAPÍTULO DE AGRADECEMENTOS DA I ETAPA DO CAMIÑO COSTA DA MORTE SENLÍMITES…
Os nosos agradecementos a
todas as persoas que participaron nesta primeira etapa do Camiño SenLímites 2017, a Un Paso Máis, Aspaber, Ingada, Apem Carballo, Adcor, voluntari@s, monitoras/es de tempo libre, concello de Carballo, concello de Malpica, protección civil e policía local de Malpica, ambulancias Santa Marta, ximnasio World Fit Carballo, asociación Camiño dos Faros e asociación deportiva e cultural Rompendo Límites.
E pola colaboración na elaboración do roteiro, revisión e divulgación a Martín Varela de Vidu e Manuel Cantelar de Un Paso Máis.
1 Response
[…] – I etapa do Camiño dos Faros SenLímites (Malpica – Santo Hadrián). […]