Presentamos as xornadas Vivimos na Diversidade
Presentamos aos medios de comunicación as xornadas “Vivimos na Diversidade”.
Explicamos que o obxectivo primordial é xerar un tempo, na diversidade que vivimos, para aprendermos xuntos, profesorado, nais e pais. Porque a todas e todos nos move un único interese: mellorar as prácticas educativas, atendendo á diversidade do alumnado.
Aproveitaremos ademais as xornadas para poñer en valor e difundir boas prácticas educativas, que a todas e todos nos poden servir de modelo.
O alumnado, as nosas fillas e fillos teñen un mundo diverso por descubrir pero nós, as familias e docentes… temos moito que aprender e transmitir. Por iso estareremos todas e todos, para VIVIR NA DIVERSIDADE, amosándoa e aprendendo dela.
Comentarios recentes