22 de febreiro, presentación do inclusivo camiño Costa da Morte SenLímites
Queredes acompañarnos o 22 de febreiro no Ágora?
Temos a presentación do Camiño Sen Límites que organizamos a Federación Provincial de ANPAS da Coruña-Costa da Morte (integrante da Confederación ANPAS GALEGAS) con varias asociacións como Rompendo Límites, e moitismas máis como Íntegro, Un Paso Máis, APEM, Aloumiños,…que están outra vez nesta segunda edición Inclusiva.
Agardámoste ás 19:30 h. na aula 9 do local sociocultural Ágora (R/ Lugar da Gramela, 17 | 15010 A Coruña). Pretendemos expor, con todas e todos vós, a II Edición do Camiño SenLímites que percorrerá o máxico Camiño da Costa da Morte, unindo Malpica e Fisterra pola costa.
Tríptico presentación camino Senlímites
Estes 8 roteiros inclusivos (comezan o 11 de marzo e rematan o 17 de xuño) realizados en sábado pola tarde, ofrecen a posibilidade de gozar do contacto coa natureza descubrindo algunhas das paisaxes máis fermosas da nosa costa. Cada etapa do camiño poderá alcanzar unha lonxitude duns 9 kms e contará con voluntari@s de apoio, monitores, membros de protección civil,…
Cada participante deberá inscribirse en cada etapa (próximamente abriremos unha ligazón á nosa páxina). A inscrición será gratuíta, só debe colaborar no pago do seguro (non superará o valor de 1 euro / persoa) en caso de que non estea asociado a un colectivo e / ou careza dun seguro de accidentes. Como moitos colectivos xa teñen o seu propio seguro, nese caso non necesita aportar ese euro.
A Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte ten contratado seguros de accidentes de voluntariado e outro de participantes, ademais do seguro de Responsabilidade Civil.
Nesta inclusiva segunda edición do Camiño senLímites (si, sen Límites porque… para que os imos poñer?) teremos a ocasión de gozar do tempo ao aire libre coñecendo algúns dos lugares de maior riqueza natural e inaccesibles, até agora, para a diversidade de persoas que participemos.
Por iso, vemos interesante convocarvos a todas as entidades e colectivos interesados á reunión no centro sociocultural Ágora para falar deste roteiro Inclusivo e Participativo que, entre todas e todos, seguro faremos atractivo e novedoso. E do que gardamos que na propia reunión no Ágora se sumen máis entidades á organización, posto que este é un proxecto colectivo aberto e desexamos que siga medrando.
Neste roteiros partillaremos experiencias en igualdade, un motivo da existencia deste camiño inclusivo. Porque este Inclusivo Camiño SenLímites dinos, e seguirá afirmando sempre, que nunca debemos perder o dereito a incluir, a compartir, ao recoñecemento da diversidade porque, senón, perderemos o dereito a ser libres.
1 Response
[…] febreiro: presentación do Camiño dos Faros Sen Límites. Costa da Morte – A […]