Resumo das actividades da federación de ANPAs Costa da Morte curso 2015/2016
As asembleas da federación de ANPAs Costa da Morte, que teñen lugar todos os meses do curso escolar, repartíronse entre Vimianzo, Carballo e Cee.
Participamos nas reunións bimensuais da confederación ANPAS GALEGAS e da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
SETEMBRO 2015
• Aprobamos a creación da nova Comisión NEAE.
OUTUBRO
• Iniciouse con ANPAS GALEGAS a campaña de concienciación e reivindicación na procura dunha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria para alumnado con enfermidade de longa duración.
• Convocamos reunión da Comisión NEAE das ANPAS da Costa da Morte e da confederación ANPAS GALEGAS con Nieves, de Malpica.
NOVEMBRO
• Participamos na feira das asociacións de Carballo
• Participamos no Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
• Recollemos datos sobre a situación dos comedores escolares nas nosas comarcas.
• Coa confederación ANPAS GALEGAS e con Nieves de Malpica achegámonos ao Parlamento Galego, para reclamar unha nova Lei que actualice a xestión da atención educativa hospitalaria e domiciliaria para alumnado con enfermidade de longa duración.
DECEMBRO
• Organizamos unha cadea humana en Malpica (12 do 12 ás 12) reclamando unha nova normativa lexislativa sobre atención educativa hospitalaria e domiciliaria.
• Enviamos unha postal ao Parlamento Galego e ao congreso d@s deputad@s reclamando a derrogación da LOMCE.
XANEIRO 2016
• Asistimos con ANPAS GALEGAS e Nieves de Malpica, a unha reunión coa Valedora do Pobo para presentar unha queixa ao goberno pola falla dunha necesaria atención educativa hospitalaria e domiciliaria.
FEBREIRO
• Realizamos as xornadas de formación de ANPAS en Vimianzo.
MARZO
• Organizamos con diversos colectivos de diversidade funcional e necesidades específicas, xunto coa colaboración da asociación do camiños dos faros e concellos a I Edición do Camiño dos Faros Inclusivos.
• Celebramos o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.
• Organizamos as xornadas de formación de ANPAS en Carballo.
• Celebramos a III Edición dos Premios Ensino Público Galego.
ABRIL
• Coorganizamos as Xornadas de atención á diversidade na Costa da Morte “Aprendemos da Diversidade na Laracha”.
MAIO
• Organizamos concentracións contra as reválidas en Carballo e Cee.
• Organizamos charlas informativas para as familias sobre as reválidas.
• Participamos no Camiño dos Faros Inclusivos
• Organizamos as xornadas educativas “ANPAS GALEGAS na Fin do Mundo”, en Fisterra.
XUÑO
• Rematamos o I Camiño dos faros Inclusivo na Fin do Mundo e reivindicamos a necesaria Inclusión en todos os ámbitos da vida.
XULLO 2016
As ANPAS da Costa da Morte estivemos apoiando á ANPA de Dumbría, e a toda a comunidade educativa deses colexio, debido a que a consellaría de Educación da Xunta pretende eliminarlles prazas de profesorado, mantendo a campaña de desmantelamento do Ensino Público Galego.
• A grandeza das pequenas cousas
Fomos convidados, como membros da organización do I Camiño dos Faros Inclusivo, a participar nunhas ponencias en Compostela onde expoñían proxectos feitos aquí que, sen renunciar aos seus valores e compromiso, tiveran un impacto global.
Alí compartimos atraentes experiencias, con Galensina, que traballan pola integración real das persoas xordas; con Pallasos en Rebeldía, a Asociación Cultural e de Cooperación Internacional que usa a risa como ferramenta para a liberación dos pobos oprimidos; con Felipe Laxe, productor, irmán do director Oliver Laxe, e gañador do Gran Premio da Semana da Crítica no Festival de Cannes coa película “MIMOSAS”.
Explicamos que no Camiño dos Faros Inclusivo. partillamos experiencias en igualdade, un motivo da existencia deste camiño inclusivo.
E lembramos que nunca debemos perder o dereito a incluír, a compartir, ao recoñecemento da diversidade porque, senón, perderemos o dereito a ser libres.
Comentarios recentes