Xornadas educativas ANPAS GALEGAS na Fin do Mundo (21 e 22 de maio)
_ Programa das Xornadas ANPAS GALEGAS NA FIN DO MUNDO_
Formulario para inscribirse nas xornadas
Próximos ao peche de curso, tamén estamos chegando á última xornada formativa da Federación de ANPAs da Costa da Morte e da Confederación ANPAS GALEGAS. Un curso complexo, que nos fixo traballar arreo para defender o dereito das nosas fillas e fillos a recibir un Ensino Público Galego de calidade e Inclusivo.
Para o remate de curso escolar organizamos, en colaboración co concello de Fisterra, unhas actividades formativas, lúdicas e de confraternización, despois de “chaparnos” varias xornadas formativas ben densas ao longo do curso escolar, de coorganizar (cos centros educativos da Laracha) as xornadas “Aprendemos da Diversidade”, de traballar na activación da Atención Domiciliaria e Hospitalaria en Galicia ou na organización das charlas sobre as reválidas, entre outras moitas actividades.
Co camiño dos Faros Inclusivo aínda continuamos no mes de xuño…
“ANPAS GALEGAS NA FIN DO MUNDO”
21 e 22 de maio 2016. Concello de Fisterra
Programa sábado 21 de maio
11:00h. Presentación das xornadas. Salón de plenos do concello
Javier Sánchez (presidente da Confederación ANPAS GALEGAS) Teresa Fernández Martínez (concelleira de Educación de Fisterra).
11:45 a 14:00 h. Concellos Educadores. Salón de plenos do concello
Modera:
– Javier Sánchez, presidente da Confederación ANPAS GALEGAS.
Ponentes:
– Teresa Fernández Martínez, concelleira de Educación de Fisterra.
– Carme Fouces Díaz, concelleira de Educación de Pontevedra.
– Silvia Cameán Calvete, concelleira de Educación de A Coruña.
– Mar Eirís Villar, concelleira de Educación de Carballo.
– Olga Alonso Suárez, concelleira de Educación de Vigo.
– Jesús Basterrechea López, concelleiro de Educación de Ferrol.
17:00 a 18:45 h. A xestión das emocións. A Educación Emocional. María Carmen Loureiro, licenciada en Psicoloxía, profesora no IES da Illa de Arousa.
19:00 a 20:15 h. Era poesía e ti non o sabías María Lado e Lucía Aldao. Salón de plenos concello de Fisterra.
21:30h Cea e debates á lus do candil Hotel Áncora
– Programa domingo 22 de maio
11.00 H a 13:30h
Roteiro e recursos educativos do entorno de Fisterra
Comentarios recentes