Asemblea martes martes 26 de abril de 2016
Puntos da orde do día:
1 – Caso ascensor en colexio de Laxe para alumnado con mobilidade reducida, con proposta de reunión da comisión NEAE e diversos colectivos NEAE.
2- Reválidas de 3° e 6° de primaria, charlas da fedANPAS da Costa da Morte e da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
datas, horarios das charlas reválidas e localidades:
1- 29 abril Carballo (ás 8 da tarde, van pedir a casa da xuventude).
2- 2 maio Baio (ás 9 da noite no polideportivo -casa da cultura).
3- 3 maio Laxe (ás 19:30 h. no local social Valle Inclàn).
4- 4 maio Cee (ás 7 da tarde, salón de actos do concello ).
5- 5 maio A Laracha (ás 8 da tarde, no comedor do Otero Pedrayo).
6- 9 de maio Malpica (ás 5 da tarde no auditorio do centro civico).
Nota 1 deste punto:
O mércores 4 en Cee despois da charla realízase a concentración.
19:00 h. charla informativa sobre as reválidas no salón de actos do concello.
20:00 h concentración na Praza 8 de Marzo.
20:30 h concerto a cargo de Leo Kch. (se está bo tempo na Praza 8 de Marzo, senón no salón de actos do concello).
Nota 2:
A concentración en Carballo do mércores 4 de maio tamén contará con concerto, a idea é facela na praza do concello ás 20.00 h.
3- 4a. etapa do I Camiño dos Faros Inclusivo. Arou – Camelle (30 de abril).
4- Xornadas Educativas da Laracha e Fisterra.
5- Proposta de xornadas de Igualdade na Educación en Cee en outubro.
Comentarios recentes