4ª Etapa Camiño dos Faros Inclusivo
Programa:
17:00h. Quedada en mirador de Lobeiras (Arou). Localización aquí.
17:30h. Mirador de Lobeiras (Arou)
18:00h. Praia de Arou
19:00h. Visita restos do xardín museo de Man. Charlas de historia de Camelle no porto (porto baleeiro, naufraxios, estación de salvamento,…)
20:00h. Visita á casa do Alemán e palilleiras de Camelle.
20:30h. Churrasco en colaboración co bar Molinera e concello de Camariñas
22:00h. Concerto da TraskiBand
Como chegar ao punto de encontro (Mirador de Lobeiras) Clica aquí
Nota: podes “baixarte en calquera das paradas”, non tes porque facer todo o percorrido.
Para Inscribirse:
Clica aquí para informarnos de que queres participar na 4ª etapa.
Por cuestións do seguro, lémbrate de cubrir os datos de Inscrición roteiro e entregalo asinado o mesmo sábado 30 de abril. Para inscribir menores de idade, facelo en “PARA MENORES DE IDADE” e entregalo asinado o mesmo sábado 30 de abril.
Na federación de ANPAs da Costa da Morte e resto de colectivos organizadores debemos saber a cantidade aproximada de persoas que van participar no roteiro.
Comentarios recentes