Participamos na Feira das Asociacións de Carballo
A federación de ANPAs Costa da Morte participou na Feira das Asociacións, xunto con representantes de todos os grupos da corporación municipal de Carballo e de moitas das asociacións da contorna.
Estes colectivos, que realizan labores de acción social, uníronse o 29 de novembro no segundo andar do Mercado Municipal da localidade para rexeitar a violencia contra as mulleres.
A federación, e as diversas organizacións que participaron no acto, tamén aproveitamos a mañá para amosar as actividades que realizamos ao longo do ano.
1 Response
[…] http://www.fedanpas.gal/2015/11/participamos-na-feira-das-asociacions-de-carballo/ […]