Tivo lugar a terceira reunión cos partidos políticos da Costa da Morte e Xallas, nesta ocasión co PSOE
Este xoves 30 de xullo, a federación de ANPAs Costa da Morte mantivo a terceira xuntanza cos partidos políticos con representación na Costa da Morte e Xallas; nesta ocasión foi co PSOE.
Este tipo de reunións (a primeira foi co BNG, a segunda con ANOVA) deben encadrarse dentro da normalidade cotián e tiña por obxectivo amosar o desenvolvemento das nosas actividades, o noso medre como federación, a actualización das problemáticas educativas nas nosas comarcas e a lamentable confirmación das dificultades crecentes polas que atravesa o Ensino Público Galego, pola falla de financiamento por parte da Xunta de Galiza e os recortes en educación por parte do goberno estatal.
Explicamos na reunión que as ANPAs das comarcas da Costa da Morte e Xallas estamos dando os pasos necesarios para tentar afortalar o movemento asociativo de ANPAs co obxectivo de que a educación que deba recibir o alumnado non perda calidade e para que o conxunto da cidadanía, que está a sufrir a crise, non se vexa privada dos seus dereitos.
Os representantes do PSOE comprenderon e apoiaron as nosas iniciativas.
1 Response
[…] Publicado o 31 Xullo, 2015 […]