Reunión das ANPAs da Costa da Morte, venres 10 de xullo de 2015
Na reunión de representantes da federación de ANPAs da Costa da Morte que terá lugar mañá, venres 10 de xullo, e que comeza ás 9 da noite, presentarase para o seu debate e aprobación, se procede, a modificación puntual dos estatutos.
Do mesmo xeito, queremos informar que comezamos unha rolda de reunións con responsábeis de Educación dos concellos da Costa da Morte. Para iso, temos que pedir cita cos responsábeis de Educación de cada administración local para tratar os seguintes temas que tamén comentaremos na reunión do venres:
– Que queremos e necesitamos as ANPAs Galegas que fagan os concellos?
– Programa de Patios
– Solicitude de apoio ao Sistema Universal de Libros de texto.
– Sobre a xuntanza de ANPAS GALEGAS na Costa da Morte e xornadas sobre os concellos educadores.
– Solicitude de apoio ás peticións das ANPAs para cubrir as prazas necesarias de profesorado en xeral e NEAE ou servizo de Orientación (Pt, Al, ) e coidador@s na Costa da Morte, Xallas, …
1 Response
[…] Publicado o 9 Xullo, 2015 […]