O goberno do Partido Popular na Xunta segue coa campaña de recortes
Publica CIG Ensino (o sindicato maioritario no sistema educativo galego) na súa web que a consellería de Educación continúa recortando profesorado e negándose a cubrir as demandas feitas polos centros escolares. Diso xa tratamos nas ANPAs da Costa da Morte, eran rumores cara o vindeiro curso escolar pero, agora, xa se fala publicamente. Afirma a CIG Ensino que a Xunta pretende recortar o xa insuficiente número de docentes, nomeadamente o profesorado de Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL), o que vai repercutir negatvamente na educación das nosas fillas e fillos. A familias non podemos aceptar estes recortes, nen antes, nen agora, nen nunca.
Podes acceder a máis datos clicando aquí
1 Response
[…] O goberno do Partido Popular na Xunta segue coa campaña de recortes […]