Iniciamos os contactos cos representantes políticos do noso pobo. De que imos falar?
Como acordamos na última asemblea da federación, as ANPAs da Costa da Morte imos manter conversas coas organización políticas con representación na Costa da Morte e Xallas. Os partidos políticos serán os encargados de poñer as datas das reunións.
Actualmente temos contactado con BNG, PSOE, PP, ANOVA – IU – Mareas e Terra Galega. Como non temos, nestes intres, teléfonos doutras organización de ámbito comarcal, era conveniente conseguilos para evitar discriminacións non pretendidas. O luns 20 de xullo comezarán os devanditos encontros. A primeira cita é co BNG.
Os asuntos a tratar serán os seguintes:
– Quen somos a federación de ANPAs “Costa da Morte” (http://www.fedanpas.gal/) e a Confederación ANPAS GALEGAS (www.anpasgalegas.org)
– As modificacións estatutarias realizadas diante do medre da federación de ANPAs ” Costa da Morte”.
– Representacións nas diversas comisións educativas e Consellos Escolares Municipais.
– Que queremos e necesitamos que fagan os concellos en materia educativa.
– Sistema de Préstamo Universal de Libros de Texto en Galicia e a campaña que iniciamos en change.org
https://www.change.org/p/conselleria-de-educacion-da-xunta-de-galicia-volver-ao-sistema-de-prestamo-universal-de-libros-de-texto-en-Galicia
– A atención das necesidades do alumnado NEAE.
– Proposta de patios na Costa da Morte (vindeiro curso).
– Campaña de estudo da accesibilidade nos centros educativos da Costa da Morte e programa de sensibilización social no ámbito educativo sobre as dificultades de integración das persoas con diversidade funcional (vindeiro curso).
2 Responses
[…] moitas veces arredadas ou dificilmente accesíbeis. Por iso, foi esta primeira reunión un catálogo de intencións que desexamos sexan, ou xa son, compromiso das formación políticas que gobernan ou integran as […]
[…] Iniciamos os contactos cos representantes políticos do noso pobo. De que imos falar? […]