Continuamos a rolda de entrevistas cos partidos políticos da Costa da Morte e comarca de Xallas.
Este martes 28 de xullo continuamos con ANOVA a rolda de entrevistas cos partidos políticos con representación na Costa da Morte e na comarca de Xallas.
Como é habitual nestas reunións, presentámonos e contamos quen somos, que realmente levamos xa dous anos traballando a prol do Ensino Público Galego no noso ámbito de actuación e que agora só tomamos un tamaño máis grande, e explicamos cales son os nosos sinais de identidade. Como na anterior entrevista, falamos do concepto de educación, de integración, de igualdade, do imprescindible trato diferenciado que precisa o alumnado para que o resultado final sexa un trato equitativo,… E resumo, fixemos fincapé nos catro puntos básicos do noso concepto de Ensino: público, galego, equitativo e laico.
Houbo, por parte do noso interlocutor, unha boa recepción das nosas propostas.
1 Response
[…] Publicado o 29 Xullo, 2015 […]