Carta a Indalecio Cabanas: é preciso atender as necesidades do alumnado NEAE
Na federación de ANPAs da Costa da Morte, resúltanos difícil entender o proceder da consellaría de Educación, ao eliminar – en pleno periodo vacacional- prazas de profesorado especialista en AL e PT que, na práctica, impide as posibilidades de integración do alumnado en situación de desigualdade. Retrocedemos 15 anos cunha decisión así!!!
Por iso, as ANPAs da Costa da Morte presentamos o luns 13 de xullo, por rexistro, unha carta onde lle lembramos a Indalecio Cabanas, xefe territorial da consellaría de Educación na Coruña, o seguinte:
É obriga – como é para calquera de nós o cumprimento das leis – da consellería de educación a atención a todos as nenas e nenos de maneira axustada á súa realidade persoal.
É obriga da consellería de Educación que todas as nenas e nenos – independentemente de que mesmo o seu centro escolar o solicitase ou non, queira ou non, pense que precise ou non – teñan a posibilidade de recibir a atención docente que requiran.
É obriga da consellería de Educación a dotación de profesorado especialista AL, PT e coidador@s abondo que garanta o tratamento do alumnado existente, coas necesidades e peculiaridades que agora mesmo se dean, sen atender a dispoñibilidades orzamentarias nin a catálogos de postos de traballo.
É obriga da consellaría de Educación atender as necesidades do alumnado NEAE que a comunidade escolar da Costa da Morte lle está a reclamar.
Carta completa entregada por rexistro:
Carta a Indalecio Cabanas. Xefatura territorial de Educación A Coruña
1 Response
[…] Publicado o 14 Xullo, 2015 […]