A federación de ANPAs da Costa da Morte presentou aos centros educativos o PROGRAMA DE PATIOS
Trátase de lograr que o alumnado con dificultades para a relación social consiga habilidades básicas para o achegamento aos seus iguais, que sexan receptivos a propostas de xogo dos seus compañeiros, que poidan mesmo tomar a iniciativa e propor eles mesmos os xogos, que aprendan a enfrontar e resolver conflitos, … Pero un programa de xogos de patio non só beneficia ao alumnado con dificultades para a relación social. Estes programas fomentan a convivencia escolar no centro porque son un mecanismo de prevención da conflitividade e o acoso escolar e inculcan entre os estudantes valores como o respecto á diversidade, a igualdade, a non discriminación, e promoven a resolución pacífica de conflitos. Obxectivos dos programas de patio:
- Desenvolver habilidades de interacción e participación en diferentes xogos de grupo.
- Promover a diversión nos momentos de patio xunto cos seus compañeiros.
- Favorecer a actividade funcional do alumno, xa que a inactividade tende a asociarse co incremento das alteracións de conduta e do illamento:
- Evitar o autoillamento e os xogos en solitario
- Evitar os estereotipos e os sitios fixos de permanencia no patio
- Apoiar o proceso de adaptación aos cambios que trae o paso de etapa de educación infantil a primaria.
- Fomentar a convivencia escolar no centro.
- Previr o sedentarismo.
- Evitar que o fútbol monopolice os patios.
1 Response
[…] Publicado o 4 Xullo, 2015 […]