As concentracións a prol da gratuidade dos libros de texto e material escolar
A Confederación Anpas Galegas, da que a nosa federación forma parte, organizou varias concentracións expansivas ao longo de todo o País. En Compostela, Vigo, Lugo, Ferrol, Cangas, Ponteareas, Vilalba, Mos, Redondela, Cee ou Carballo tiveron lugar as concentracións para protestar polo inxusto cambio de criterio no préstamo de libros de texto. As ANPAs da Costa da Morte afirmamos que o Ensino Público Galego é unha realidade imprescindible na nosa vida, é a garantía de que as nosas fillas e fillos teñan futuro, e que todas e todos o teñan nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos. Por iso denunciamos que o sistema imposto pola consellería de Educación non garante que todo o alumnado teña dereito a eles e queremos a volta ao sistema de préstamo universal e gratuíto como explica
Comentarios recentes