Intercambios educativos na Costa da Morte
Comezou a etapa da realización de programas de intercambios na Costa da Morte. Hoxe, a ANPA do IES Agra de Raíces de Cee enviounos información do intercambio escolar do seu centro, que atinxe tanto ao alumnado, como ás familias e ao profesorado.
Estes intercambios xogan un papel importante, non só na axuda da aprendizaxe de linguas estranxeiras, senón tamén na posible posta en marcha de proxectos educativos conxuntos. Correspóndelle tanto a alumnos como a docentes e permítelles implicarse nun proxecto interdisciplinar unindo a toda a comunidade educativa.
Onte foi a recepción no centro educativo e hoxe tiveron o recibimento no concello.
Podes clicar aquí para acceder á imaxes.
Comentarios recentes