Apoiamos a mobilización estudantil do 26F
A federación de ANPAs da Costa da Morte apoia as mobilizacións do 26F organizada por diferentes colectivos estudantís galegos, onde o alumnado de ensino medio, universidade e dos ciclos de formación profesional están chamados a secundar a folga que terá lugar este próximo xoves 26 de febreiro.
Coincidimos con estes colectivos en que as políticas dos gobernos da Xunta e de Madrid non traen máis que recortes, miseria e falta de expectativas de futuro. Son os motivos que obrigan ao alumnado a saír á rúa e mobilizarse para parar os ataques que dende os gobernos central e autonómico se levan a cabo contra o Ensino Público: os recortes na educación, en bolsas de estudos, a masificación das aulas, a aplicación da LOMCE, a precarización da situación laboral do profesorado para desmotivalo ou as modificacións dos graos na universidade para dificultar o acceso ao ensino superior, ou impedirllo a quen non teña unha situación económica suficientemente desenvolvida.
Por iso, como nais e pais, reivindicamos un ensino público de calidade e gratuíto, facemos unha chamada á participación do alumnado xa que, coa mobilización amósase o rexeitamento maioritario ás políticas educativas que pretende acabar co Ensino Público Galego e que eliminan a igualdade de oportunidades debido á mercantilización da educación.
Comentarios recentes