Premios Ensino Público das ANPAs da Costa da Morte
Na reunión extraordinaria que tivo lugar onte, a federación de ANPAs da Costa da Morte outorgou o premio Rosalía en defensa do Ensino Público e o premio Werto en contra do Ensino Público.
O premio Rosalía (en defensa do Ensino Público) foi concedido á asociación de NEAE Aloumiños, da Costa da Morte. Este premio pretende homenaxear aquelas agrupacións, colectivos…que loitan pola defensa do Ensino Público, tendo en conta a dificultade no desenvolvemento das súas actividades.
O premio Werto (en contra do Ensino Público) foi concedido ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad. Este premio quere amosar os “méritos” daqueles grupos, individuos ou colectivos…que atacan ao Ensino Público, que degradan a súa calidade, ou aproban leis para o seu desmantelamento.
Rosalía e Werto serán entregados o sábado 28 de febreiro, ás 18:45 horas, ao remate da xornada de formación da federación de ANPAs da Costa da Morte, que terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo.
No peche do acto contaremos cunha actuación chea de poesía, música e humor a cargo das artistas María Lado e Lucía Aldao.
Comentarios recentes